mércores, 18 de xuño de 2025

FIN DE CURSO

 E finalizamos este curso académico 2024/2025. Volveremos no próximo ano para continuar cos nosos proxectos. Mentres tanto, ti, ti, ti e vós tede un feliz verán cheo de galego ao voso redor e nas vosas linguas. 

até a próxima

Fecha del sorteo de la Campaña de Verano 2025 | Dirección Xeral de Xuventude 

O larchán do cotarelo: quérote moito

luns, 12 de maio de 2025

Premios Ben Veñas Maio

 O sábado, 10 de maio, celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a gala de entrega de premios do Ben Veñas Maio, certame anual que conmemora o Día das Letras Galegas e organizado polo Concello de Pontevedra e a Coordinadora de Normalización Lingüística do Concello para todos os centros públicos da cidade de Pontevedra.

  Un ano máis que participa o IES A Xunqueira II, un ano máis que temos gañadoras e gañadores!!! Parabéns!!!! Sodes moi grandes, e artistas fantásticos!!! A seguir colleitando éxitos e que a rapazada que chega detrás siga os vosos pasos! FELICIDADES!!!


XXIV CERTAME DE POESÍA BVM:

 2º premio na categoría A para "Anécdotas desde a mirilla", por Alicia (3ºESO)

1ºpremio na categoría B para "Falamos baixiño", por María (4ºESO)

2ºpremio na categoría B para "Alén das guerras", por Breixo (2ºBach)

 

XXXII CERTAME DE NARRACIÓN CURTA BVM:

1º premio na categoría A para "As agullas do destino", por Sara (3ºESO)

2º premio na categoría A para "O legado sombrío", por José (3ºESO)

1º premio na categoría B para "O fío do tempo", por María (4ºESO)

 

XXIV CERTAME DE FOTOGRAFÍA BVM

1º premio para María (4ºESO)

2º premio para Joyce (1ºESO)

 

IX CERTAME DE CURTAMETRAXE BVM

2º premio para "Avaricia mortal", por José, Sara, Julia e Alicia (3ºESO)

 

XXIV CERTAME MUSICAL BVM

1º premio para Meigas, grupo formado por Sara e Julia (3ºESO)

 

 
Parabéns - Pensador

 

 

 



mércores, 7 de maio de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO

ANDREA BAYER, fundadora de Baobab Teatro, realizou no noso centro un taller de expresión dramática e de improvisación. Un grupo de vinte alumnas e alumnos, entre o que se encontraba o propio grupo de teatro do IES, tivo a sorte de participar neste obradoiro e coñecer algunhas técnicas de expresión corporal e oral que a actriz, guionista e directora de teatro, Andrea Bayer, lle ensinou.

  Foi un bonito, divertido e educativo día! 

E non acaba aquí! O vindeiro 22 de maio esta rapazada visitará o Teatro Principal de Pontevedra da man desta artista para coñecer o "teatro por dentro".

Alá imos!!!! Grazas, rapazada! Grazas, Andrea!.



 

mércores, 20 de novembro de 2024

ENQUISAS SOCIOLINGÜÍSTICA 2024 (alumnado)

 Despois de catro anos, o Equipo de Dinamización Lingüística vese na necesidade de actualizar os datos do centro en canto o uso da nosa lingua, polo que aquí che deixamos unha enquisa para que realices de maneira anónima e sempre con sinceridade. Trátase de analizar a situación sociolingüística real tanto do alumnado como de persoal docente e non docente do noso centro. 

Só che levará menos de 5 minutos. 

ALUMNADO: preme aquí para realizar a enquisa. FINALIZADA A ENQUISA. GRAZAS


Pin page

luns, 18 de novembro de 2024

POSTAIS DE NADAL 2024

  O 2024 vai entrando na súa recta final, aproxímanse as datas de Nadal e o Equipo de Dinamización do centro convídate a participar no concurso de tarxetas de nadal

  Le as bases do concurso e anímate a participar. Tes até o 9 de decembro para entregar os teus deseños con lema en galego.


FIN DE CURSO

 E finalizamos este curso académico 2024/2025. Volveremos no próximo ano para continuar cos nosos proxectos. Mentres tanto, ti, ti, ti e vós...