venres, 26 de novembro de 2021

OBRADOIRO MICOLÓXICO

 Este mes de novembro, o alumnado de 1ºESO desprazouse xunto co profesorado de Bioloxía e persoal da asociación micolóxica Brincabois, ao exterior para procurar todos os cogumelos que atopasen e posteriormente poder clasificalos e analizalos. Moito se aprendeu deles e, sobre todo, coa lección impartida polos profesionais. Posteriormente a unha breve exposición na entrada do noso centro, foron devoltos ao seu hábitat para que os mesmos fungos se descompoñan polos organismos descompoñedores, tipo insectos, lesmas e outros animaliños e tamén para que desprendan as esporas que queden neles para dar lugar a outros.

Esta actividade foi dirixida polo Equipo de Dinamización e o Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra, e coordinada polo Departamento de Bioloxía.










 


APRENDEMOS A REGUEIFAR

Os cursos de 2ºESO aprenderon a regueifar da man de profesionais deste xeito de lidar entre as amizades. Unha hora e media de diversión e cante ben rimado, onde aprendemos e rematamos ben contentos e encantados con esta xentiña que tanto sabía.

Agora tan só falta que algúns dos rapaces e rapazas que alí improvisaron continúen coa vocación.

Ademais, alumnado de Literatura Galega do s.XX viñeron regueifar tamén con estes grupos. Moi ben feito!








xoves, 18 de novembro de 2021

OBRADOIRO CULTURA POP con @Olaxonmario

 Durante a mañá do día 18 de novembro, Mario Brión, máis coñecido no mundo youtubeiro como @Olaxonmario, estivo no noso instituto a falar co alumnado de 4ºESO sobre o mundo da cultura Pop en Galiza. Descubrimos voces novas no mundo musical e das redes sociais, ademais doutras xa vellas. 

Agradecémoslle a súa presenza e exposición tan amena. Tamén, grazas ao Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra por brindarnos a oportunidade de telo connosco un ano máis. 

 











 

mércores, 10 de novembro de 2021

CONCURSO TARXETAS DE NADAL

Achegámonos ao mes de nadal, e o Equipo de Dinamización, un ano máis, vén a convocar o concurso de postais de nadal, dirixido a todo o alumnado de Secundaria e Bacharelato do IES A Xunqueira II. Consulta as bases aquí e anímate a participar con toda a túa imaxinación, creatividade e sentimento natalicio.

Lembra que só podes facer o teu deseño nunha cara  da postal, pois se resulta vencedora será a imaxe oficial da postal de nadal do noso instituto.

Participa!!! 


 

mércores, 3 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

 Vén de rematar a noite do Samaín, fin do verán e comezo do novo ano celta e dun novo ciclo agrícola; a etapa escura. Neses días de transición, os espíritos dos mortos andarían entre os vivos, mellor ou peor recibidos. E desa crenza precisamente derivan moitos dos ritos que se manteñen aínda hoxe.

 Tomando como modelo esta data, o alumnado de 1º ESO do IES  A Xunqueira II (e algunhas profes), coa colaboración fantástica do Departamento de Debuxo, deseñou as súas lápidas xunto cun epitafio pouco habitual e cheo de comicidade, para darlle alegría á "perda". Ademais, baixo landras🌳 ou castañas🌰, deron conta de refráns ou historias relacionadas co outono, co magosto ou co mesmo Samaín. Botácheslle un ollo? 

  Aquí tedes a proba de todos. Agardamos que vos guste! 👻💀 

 




DÍA DE ROSALÍA - 23.2.24

  Durante esta semana dedicada a Rosalía de Castro, o alumnado do noso centro estivo traballando, creando, debuxando ao redor da figura da ...