mércores, 23 de febreiro de 2022

FELIZ ENTROIDO! ORDE DO VENRES E DESPEDIDA!

 E chegamos ao fin da semana!!! Venres cun novo mandado de Don Xuncón, para se despedir até o ano que vén. 

Agardamos que gustásedes da actividade e a lévasedes a cabo con humor.

Até o ano que vén!!!

VELAQUÍ O MANDADO DE MAÑÁ VENRES, 25...



venres, 18 de febreiro de 2022

ENTROIDO CO SEÑOR DON XUNCÓN22

 Un ano máis, debido á pandemia, as actividades "festeiras" están paralizadas no noso centro, polo que dende o Equipo de Dinamización botamos unha man para non perder estas tradicións. De aí, que Don Xuncón reapareza no 2022 para darnos mandadiños de como vir vestidiños/as a semana previa ao Entroido. O día anterior, coñeceremos as instrucións. 

  Hoxe, venres, xa vai o primeiro mandado para o luns:


E ademais...!!!!! Un xogo tradicional ponse en marcha: o QUEN É QUEN?. Teredes que descubrir quen se agocha tras a máscara da infancia do profesorado. Houbo profes que se animaron a participar achegando unha foto súa de cando pequechos/as, e disfrazados/as. Cada día desta semana publicaranse unha ou dúas no taboleiro do Don Xuncón22 e no instagram do equipo, e a túa resposta debe ser dada na aplicación de #Instagram (@dinamizaxunqueira2). Alí terás que escribir o nome da profe ou do profe que cres que é. Só unha resposta. Aquela persoa que adiviñe as identidades todas terá un agasallo!!! 


ANÍMATE NESTE ENTROIDO!!!

martes, 1 de febreiro de 2022

II CERTAME "DE PUÑO E PINCEL"

Despois dos grandes e artísticos resultados do curso pasado do Concurso "De puño e pincel", volvemos convocalo baixo as mesmas bases: le os versos de Cantares Gallegos e/ou Follas Novas e en canto vexas que versos poderías interpretar mediante a pintura, a arte de debuxar ou deseñar, pon o pincel a remollo e plasma toda a túa vea artística  no papel.

 Este ano, despois de estudos e investigacións, sábese exactamente o ano de nacemento de Rosalía de Castro: o 23 de febreiro. Coa finalidade de conmemorar o seu nacemento levamos a cabo este certame. 

Lembra tamén que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nos anima a recordala agasallando a quen máis queremos cun libro e unha flor, neste último caso, se for posíbel, coa flor do pensamento, e a publicar nas vosas redes achegas a Rosalía co cancelo #SementadePensamentos e #_rdc_2022.

Le as bases do concurso e participa!!!! O Departamento de Debuxo do IES A Xunqueira II forma parte colaboradora deste proxecto tan artístico.



 

DÍA DE ROSALÍA - 23.2.24

  Durante esta semana dedicada a Rosalía de Castro, o alumnado do noso centro estivo traballando, creando, debuxando ao redor da figura da ...