Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA - 23.2.24

 Durante esta semana dedicada a Rosalía de Castro, o alumnado do noso centro estivo traballando, creando, debuxando ao redor da figura da nosa grande poeta universal. Días que tiveron unha boa produción, como poderedes comprobar nas imaxes que vos achegamos. Traballo

Hoxe, venres 23, na biblioteca puidemos oír da voz do grupo de teatro un recital de versos rosalianos, moi emotivo e marabilloso.  Ver.

Tamén puidemos saborear o bo café da nosa barmuller, Luz, con poemas de Rosalía.☕📜 Un café con versos

Feliz Día de Rosalía!! E non esquezas regalar a quen ti desexes cun libro📕 e unha flor🌷

 



martes, 1 de febreiro de 2022

II CERTAME "DE PUÑO E PINCEL"

Despois dos grandes e artísticos resultados do curso pasado do Concurso "De puño e pincel", volvemos convocalo baixo as mesmas bases: le os versos de Cantares Gallegos e/ou Follas Novas e en canto vexas que versos poderías interpretar mediante a pintura, a arte de debuxar ou deseñar, pon o pincel a remollo e plasma toda a túa vea artística  no papel.

 Este ano, despois de estudos e investigacións, sábese exactamente o ano de nacemento de Rosalía de Castro: o 23 de febreiro. Coa finalidade de conmemorar o seu nacemento levamos a cabo este certame. 

Lembra tamén que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nos anima a recordala agasallando a quen máis queremos cun libro e unha flor, neste último caso, se for posíbel, coa flor do pensamento, e a publicar nas vosas redes achegas a Rosalía co cancelo #SementadePensamentos e #_rdc_2022.

Le as bases do concurso e participa!!!! O Departamento de Debuxo do IES A Xunqueira II forma parte colaboradora deste proxecto tan artístico.



 

xoves, 11 de marzo de 2021

PREMIADOS AO CONCURSO "DE PUÑO E PINCEL"

 A comezos deste trimestre, o Equipo de Dinamización do centro convocou un concurso de deseños "De puño e pincel", xunto coa colaboración do Departamento de Debuxo. De aquí saíron unha chea de traballiños moi ben elaborados, onde os versos de Rosalía en Cantares Gallegos ou Follas Novas foron levados a imaxe. Nestas ligazóns tedes un vídeo coas artistadas presentadas, de onde saíu unha gañadora en cada categoría. Preme nelas👇

Categoría A

Categoría B

Velaquí temos as instantáneas que corroboran a entrega dos agasallos ás dúas premiadas, Irene GB e Carolina SP. Moitos parabéns! 




 

Agardemos que esta nova actividade teña continuidade nos vindeiros Días de Rosalía con tan fermosas imaxes e creatividades. Forza!

mércores, 20 de xaneiro de 2021

DE PUÑO E PINCEL

  Co gallo da conmemoración do nacemento da grande poeta galega, Rosalía de Castro, o Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Xunqueira II convoca o I Certame Escolar "De puño e pincel".

Consiste en ter como modelo a seguir a obra "O puño e a letra", de Yolanda Castaño, na editorial Xerais (existencias na biblioteca, en Debuxo e na coordinadora do EDL). A temática ten que xirar ao redor de algún poema de Rosalía presente en Cantares Gallegos ou Follas Novas. -Non ten por que estar presente todo o texto poético elixido; bastaría con algúns versos-.

Colle o teu pincel e particípa neste concurso realizado polo Equipo de Dinamización, coa colaboración do Departamento de Debuxo. Amosa a túa vea artística!

Podes ler aquí as bases do concurso.


CURSO 2025-2026 E CALENDARIO

   Benvid@ ao curso 2025-2026  !!! Un ano máis, o teu equipo de Dinamización, deséxache un feliz inicio de curso, cheo de forza, enerxía e ...