Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de setembro de 2025

CURSO 2025-2026 E CALENDARIO



   Benvid@ ao curso 2025-2026 !!!

Un ano máis, o teu equipo de Dinamización, deséxache un feliz inicio de curso, cheo de forza, enerxía e sorte. 

Ademais, deixámosche aquí o calendario escolar para que vaias enchendo con todo aquilo que tes que facer. Este ano dedicámosllo ás adiviñanzas.

         Vai anotando todiño, que logo dicimos que nos olvidamos 😁

Tes onde escoller: 

 Calendario de feiras

 Calendario dos planetas

Conjunto de colección de cuadro de texto de bloc de notas de papel de icono  de calendario | Vector Premium



mércores, 7 de maio de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO

ANDREA BAYER, fundadora de Baobab Teatro, realizou no noso centro un taller de expresión dramática e de improvisación. Un grupo de vinte alumnas e alumnos, entre o que se encontraba o propio grupo de teatro do IES, tivo a sorte de participar neste obradoiro e coñecer algunhas técnicas de expresión corporal e oral que a actriz, guionista e directora de teatro, Andrea Bayer, lle ensinou.

  Foi un bonito, divertido e educativo día! 

E non acaba aquí! O vindeiro 22 de maio esta rapazada visitará o Teatro Principal de Pontevedra da man desta artista para coñecer o "teatro por dentro".

Alá imos!!!! Grazas, rapazada! Grazas, Andrea!.



 

mércores, 11 de setembro de 2024

CURSO 2024-2025

 O novo curso xa comezou!!!!! O Equipo de Dinamización Lingüística saúdate e deséxache un feliz curso, cheo de enerxía e moita sorte! Para que nada che escape da cabeciña, deixámosche o calendario escolar para que recollas todos os recados que teñas: actividades, saídas, probas, aniversarios... 

Neste curso vai adicado ás cantareiras, a quen tamén se homenaxea no Día da Letras Galegas 2025.

Coma todos os anos, tes dous tipos de calendario:

De Feiras

Planetario


Estamos de volta - SOS Professor Atividades - Diagnóstico de aprendizagem

CURSO 2025-2026 E CALENDARIO

   Benvid@ ao curso 2025-2026  !!! Un ano máis, o teu equipo de Dinamización, deséxache un feliz inicio de curso, cheo de forza, enerxía e ...