venres, 26 de marzo de 2021

ENREGUÉIFATE

 Que erga a man quen morra por regueifar!

  Chegou o momento de regueifar, lidar con outras persoas en verso para conseguir chegar ao final da palabra. Atréveste? Tes dotes para disputar dialecticamente e poeticamente? A que esperas! Aclara a gorxa e comeza a batalla!✊ 

Tes até o 28 de maio! Non agardes moito!

Velaquí as bases👇



 

xoves, 25 de marzo de 2021

BEN VEÑAS MAIO

 Un ano máis, a coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos IES e CIFP de Pontevedra convoca o Ben Veñas Maio. Unha convocatoria que reúne diferentes disciplinas: videoclips, curtametraxes, fotografía, banda deseñada, narración curta e poesía. Non é pouco, va que non? Pois entón, anímate e participa nas modalidades que ti consideres. Tes unha boa oportunidade para dar a coñecer a túa valía. Dálle, non agardes máis!! 💪😋



xoves, 11 de marzo de 2021

PREMIADOS AO CONCURSO "DE PUÑO E PINCEL"

 A comezos deste trimestre, o Equipo de Dinamización do centro convocou un concurso de deseños "De puño e pincel", xunto coa colaboración do Departamento de Debuxo. De aquí saíron unha chea de traballiños moi ben elaborados, onde os versos de Rosalía en Cantares Gallegos ou Follas Novas foron levados a imaxe. Nestas ligazóns tedes un vídeo coas artistadas presentadas, de onde saíu unha gañadora en cada categoría. Preme nelas👇

Categoría A

Categoría B

Velaquí temos as instantáneas que corroboran a entrega dos agasallos ás dúas premiadas, Irene GB e Carolina SP. Moitos parabéns! 




 

Agardemos que esta nova actividade teña continuidade nos vindeiros Días de Rosalía con tan fermosas imaxes e creatividades. Forza!

venres, 5 de marzo de 2021

Entrega premio "Entroido nas Portas"

 Este venres, 5 de marzo, foi entregado á aula de 3º PMAR o seu premio pola decoración da porta da súa aula durante o mes do Entroido. Parabéns, grupo! A seguir traballando así de xenial!



luns, 1 de marzo de 2021

PORTA DECORADA DE ENTROIDO PREMIADA

 Foron diversos os motivos polos que o xuri do Equipo de Dinamización non se puido xuntar para debater sobre a porta entroideira vencedora, mas o bo sempre chega, aínda que con demora.

  Este primeiro ano foron poucos os grupos que decidiron decorar a porta da aula con motivo do Entroido. Entendemos que a maioría o fixo por algunha razón como a presenza de exames e/ou traballos ou unha carga grande de tarefas. Sexa como for, convidámosvos a que no próximo ano presentedes os vosos decorados.

 Velaquí as portas presentadas. Son poucas, pero de calidade e moi detallistas. Parabéns aos tres grupos, todos eles da Categoría 1. 

Foi difícil a decisión para o xuri, mais ao final a porta vencedora foi a de 3ºPMAR. Felicidades!!! 💐🎁🎉🎉🎉



PREMIADA ENTROIDO'2021




DÍA DE ROSALÍA - 23.2.24

  Durante esta semana dedicada a Rosalía de Castro, o alumnado do noso centro estivo traballando, creando, debuxando ao redor da figura da ...