venres, 8 de setembro de 2023

NOVO CURSO 2023-2024

Iniciamos o curso 2023-2024 co desexo de ter un ano favorábel para todas e todos, e para a nosa lingua. O Equipo de Dinamización saúdavos e agárdavos durante o curso nas súas actividades, e se tedes algunha suxestión que facer, aquí estamos para escoitarvos e, de ser posíbel, levar a cabo. 

E para que vaiades planificando o voso día a día, aquí vos deixamos o Calendario escolar, con celas amplas para que poidades ocupar con notas. Este ano a música galega é a protagonista. Grupos ou solistas cun anaco da súa música. Non todas as músicas aparecen, xa que son dez os meses que nos ocupan; mais non por iso deixemos de escoitar ao resto. Temos a Fillas de Cassandra, Loita Amada, Lontreira, Kike Varela, Mondra, MJPérez, A banda da Loba, The Skárnivals, Monoulious Dop ou Sés. Bótalle un oído, non te vas arrepentir!!!

Calendario Feireando aquí

Calendario "planetario" aquí 

 

Ah! O comezo de curso será de maneira escalonada: Indicacións

 

IMOS ALÓ! FORZA!



luns, 19 de decembro de 2022

Nadal

 

Desde Dinamización lingüística queremos desexar Felices Festas.

Agradecer a todos os alumnos participantes no concurso de postais por encher o centro de color, alegría e creatividade. A postal gañadora é  unha, pero gañamos todos en ilusión . 

Agradecer tamén aos rapaces de 4Eso que montaron a exposición polo traballo, o compañeirismo, o entusiasmo. Grazas a todos. 

Felicitar o xurado, composto por alumnas, nai, persoal non docente e profesora. polo seu bo gusto e paciencia.








E a todos; Bo Nadal!!!! 

venres, 14 de outubro de 2022

 Benvidas e benvidos a todos a esta nova andaina que faremos xuntas e xuntos nesta 2022-23. Contamos contigo para facer da lingua galega a preferida para a comunicación no Centro.

Estamos en obras. Preparamos a primeira gran festa deste curso, O SAMAÍN. Tranquilos, todo chegará.



xoves, 8 de setembro de 2022

NOVO CURSO 2022-2023

 Tras a parada estival, voltamos con enerxía para afrontar este novo curso, máis claro e sen tantas restricións como viñemos padecendo. O Equipo de Dinamización desexa que a partir de agora poidamos vernos ben, con boa saúde e sen obstáculos víricos.

  COMEZAMOS!!  E facémolo, como cada ano, publicando o calendario escolar deste novo curso, que podes descargar en calquera tamaño. Aconsellámosche o A3 para poder ter máis espazo que cubrir se o levas a un taboleiro; se  non, cun A4 chégache. 

Este curso dedicámolo aos peixes e mariscos; algúns nomes galegos que teñen diferenza co castelán. Se vas ao mercado, non esquezas pedir en galego! 

  Moito ánimo e forza, compañeiras e compañeiros!! Vémonos polos corredores, no patio, nas aulas...😍💪


Descarga aquí o calendario pagán (feireamos).

Descarga aquí o calendario cristián.

CURSO 2025-2026 E CALENDARIO

   Benvid@ ao curso 2025-2026  !!! Un ano máis, o teu equipo de Dinamización, deséxache un feliz inicio de curso, cheo de forza, enerxía e ...