luns, 14 de outubro de 2024

CONCURSO DE CALACÚS

 Anímate a participar no Concurso de Cabazas do noso centro! Prepara terrorificamente o teu calacú e preséntao ao Equipo de Dinamización entre o 25 e o 28 de outubro. Hai premio para os dous máis orixinais e fantasmagóricos!

Velaí vén o SAMAÍN!!!


mércores, 11 de setembro de 2024

CURSO 2024-2025

 O novo curso xa comezou!!!!! O Equipo de Dinamización Lingüística saúdate e deséxache un feliz curso, cheo de enerxía e moita sorte! Para que nada che escape da cabeciña, deixámosche o calendario escolar para que recollas todos os recados que teñas: actividades, saídas, probas, aniversarios... 

Neste curso vai adicado ás cantareiras, a quen tamén se homenaxea no Día da Letras Galegas 2025.

Coma todos os anos, tes dous tipos de calendario:

De Feiras

Planetario


Estamos de volta - SOS Professor Atividades - Diagnóstico de aprendizagem

venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA - 23.2.24

 Durante esta semana dedicada a Rosalía de Castro, o alumnado do noso centro estivo traballando, creando, debuxando ao redor da figura da nosa grande poeta universal. Días que tiveron unha boa produción, como poderedes comprobar nas imaxes que vos achegamos. Traballo

Hoxe, venres 23, na biblioteca puidemos oír da voz do grupo de teatro un recital de versos rosalianos, moi emotivo e marabilloso.  Ver.

Tamén puidemos saborear o bo café da nosa barmuller, Luz, con poemas de Rosalía.☕📜 Un café con versos

Feliz Día de Rosalía!! E non esquezas regalar a quen ti desexes cun libro📕 e unha flor🌷

 



xoves, 22 de febreiro de 2024

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

 Un ano máis, grazas á aportación do Concello de Pontevedra dende a área de Normalización Lingüística, o alumnado de 1º ESO aprende a arte de regueifar, ou mesmo se actualiza!

 Da man de Josinho da Teixeira, Lupe Blanco e Nuria Pernas as nenas e nenos de 1ºESO regueifaron versos creados por si. Momentos de diversión e concentración que lograron que esta cativada obtivera uns bos resultados artísticos. PARABÉNS!! 

Podes ver algunha das fotos neste vídeo



CURSO 2025-2026 E CALENDARIO

   Benvid@ ao curso 2025-2026  !!! Un ano máis, o teu equipo de Dinamización, deséxache un feliz inicio de curso, cheo de forza, enerxía e ...