O pasado 4 de novembro de 2020 foi impartido o obradoiro OPS! por Graziela Lois, da área de formación de AGAL, que tiña como obxecto facerlle ver ao alumnado que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, falar galego ofrece unha clara vantaxe competitiva.
Foi dirixido a alumnado de 1º e 2º BACH con materia de Segunda Língua Estrangeira - Português e Achegamento à Língua e Cultura Portuguesas.
Esta actividade foi subvencionada e posta en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra no curso académico 2019-2020 e o Equipo de Dinamización reservara para realizar no 3º trimestre, mais, debido á situación de emerxencia decretada en marzo, as actividades paralizáronse, polo que este curso tiveron continuidade seguindo o protocolo Covid estabelecido polo centro.