Despois dos grandes e artísticos resultados do curso pasado do Concurso "De puño e pincel", volvemos convocalo baixo as mesmas bases: le os versos de Cantares Gallegos e/ou Follas Novas e en canto vexas que versos poderías interpretar mediante a pintura, a arte de debuxar ou deseñar, pon o pincel a remollo e plasma toda a túa vea artística no papel.
Este ano, despois de estudos e investigacións, sábese exactamente o ano de nacemento de Rosalía de Castro: o 23 de febreiro. Coa finalidade de conmemorar o seu nacemento levamos a cabo este certame.
Lembra tamén que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nos anima a recordala agasallando a quen máis queremos cun libro e unha flor, neste último caso, se for posíbel, coa flor do pensamento, e a publicar nas vosas redes achegas a Rosalía co cancelo #SementadePensamentos e #_rdc_2022.
Le as bases do concurso e participa!!!! O Departamento de Debuxo do IES A Xunqueira II forma parte colaboradora deste proxecto tan artístico.