mércores, 31 de xaneiro de 2024

CARTAS DE AMOR E AMIZADE

 

Sentes un agarimo especial por alguén? Unha compañeira? Un compañeiro? Un profesor ou profesora?  Pai, nai?  Queres gritalo aos catro ventos. Deixa latexar o teu corazón, expresa con palabras ese afecto, a amizade, a boa onda ou ese desasosego e participa.

 

BASES:

1ª: Para participar só tes que sentir  amor, afecto, simpatía, agradecemento...sen que a idade sexa un obstáculo. Seica os sentimentos teñen idade? Alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais, todos poden ser receptores.

 2ª: O texto terá forma epistolar, é dicir, seguirá a estrutura típica dunha carta persoal. Coida os detalles.  Non escatimes palabras, sentimentos, desexos, angustias nin recordos. Todas as vivencias, reais ou imaxinarias, que se relacionen co amor nas súas múltiples facetas teñen cabida no teu texto.

3ª: A túa carta será de tamaño libre. Presentarala con letra clara, a man ou a computador, como prefiras; con coidada presentación e correcta ortografía.

4ª: A lingua utilizada será a LINGUA GALEGA.

 5ª: As cartas deben ser orixinais e inéditas, froito do teu traballo propio. En definitiva, únicas e persoais, como o teu amor. Eliminaranse todos aqueles traballos que resulten ser copias ou meras imitacións.

 6ª: As cartas entregarasllas á túa profesora de Lingua, dentro dun sobre aberto, facilitado polo Centro,en cuxo exterior figurarán o destinatario e o pseudónimo do emisor. As cartas serán anónimas.

7ª.- Quedarán excluídas todas aqueles escritos que presenten calquera tipo de falta de respecto. As cartas serán lidas previamente antes de chegar ao seu destinatario.

 8ª: O prazo para facernos chegar o teu amoroso traballo termina o  07 de febreiro de 2024 


 


luns, 29 de xaneiro de 2024

DON XUNCÓN 24

 A piques de encetar o Entroido.... chega Don Xuncón24 para ordenar durante unha semana o teu vestiario. 

ANÍMATE E SEGUE OS MANDADOS DE DON XUNCÓN👺👸💟

BANDO DON XUNCÓN 24

luns, 20 de novembro de 2023

CONCURSO TARXETAS DE NADAL 2023

Chega decembro, e con el un stop no curso, para descansar, reflexionar, desconectar e facer cousas que nos gustan. Mais antes, pechamos o ano co concurso de tarxetas de nadal. Anímate a participar. Le as bases e dá o mellor de ti. Lembra que as tarxetas premiadas serán a tarxeta de felicitación do noso centro. 

  Mans á obra!



venres, 8 de setembro de 2023

NOVO CURSO 2023-2024

Iniciamos o curso 2023-2024 co desexo de ter un ano favorábel para todas e todos, e para a nosa lingua. O Equipo de Dinamización saúdavos e agárdavos durante o curso nas súas actividades, e se tedes algunha suxestión que facer, aquí estamos para escoitarvos e, de ser posíbel, levar a cabo. 

E para que vaiades planificando o voso día a día, aquí vos deixamos o Calendario escolar, con celas amplas para que poidades ocupar con notas. Este ano a música galega é a protagonista. Grupos ou solistas cun anaco da súa música. Non todas as músicas aparecen, xa que son dez os meses que nos ocupan; mais non por iso deixemos de escoitar ao resto. Temos a Fillas de Cassandra, Loita Amada, Lontreira, Kike Varela, Mondra, MJPérez, A banda da Loba, The Skárnivals, Monoulious Dop ou Sés. Bótalle un oído, non te vas arrepentir!!!

Calendario Feireando aquí

Calendario "planetario" aquí 

 

Ah! O comezo de curso será de maneira escalonada: Indicacións

 

IMOS ALÓ! FORZA!



luns, 19 de decembro de 2022

Nadal

 

Desde Dinamización lingüística queremos desexar Felices Festas.

Agradecer a todos os alumnos participantes no concurso de postais por encher o centro de color, alegría e creatividade. A postal gañadora é  unha, pero gañamos todos en ilusión . 

Agradecer tamén aos rapaces de 4Eso que montaron a exposición polo traballo, o compañeirismo, o entusiasmo. Grazas a todos. 

Felicitar o xurado, composto por alumnas, nai, persoal non docente e profesora. polo seu bo gusto e paciencia.








E a todos; Bo Nadal!!!! 

CURSO 2025-2026 E CALENDARIO

   Benvid@ ao curso 2025-2026  !!! Un ano máis, o teu equipo de Dinamización, deséxache un feliz inicio de curso, cheo de forza, enerxía e ...